Irmán Rei Artur (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Irmán Rei Artur (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Autor : Carlos G. Reigosa
Género : Libros, Infantil, Fantasía y ciencia ficción,
Leer : 3978
Descargar : 3315
Tamaño de archivo : 22.03 MB
Formato : PDF, ePub

Tomar este libro

Irmán Rei Artur (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Reseña del editor Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, ' A tentación de Lanzarote ' , presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se ' A tentación de Lanzarote ' libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, ' Amor de Merlín ' , libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, ' A morte do rei Artur ' propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, ' volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar ' . Biografía del autor Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: ' Oxford, amén ' (1982, Xerais 2006), novela; ' Homes de Tras da Corda ' (Xerais 1982, 2000), relatos; ' Crime en Compostela ' (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; ' As pucharcas da lembranza ' (Xerais 1985), relatos; ' Irmán Rei Artur ' (Xerais 1986, 2000), relatos; ' O misterio do barco perdido ' (Xerais 1988, 2005), novela; ' Os outros disparos de Billy ' (Xerais 1991); ' A guerra do tabaco ' (Xerais 1996, 2005), novela; ' Narcos ' (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; ' Intramundi ' (Xerais 2002), novela; ' Pepa A Loba ' (Xerais 2006), novela; ' A vida do outro ' (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; ' A lei das ánimas ' (2010), novela; ' Tras da Corda ' (Xerais 2012), relatos; ' A vitoria do perdedor ' (Xerais 2013), novela; ' A vinganza do defunto ' (Xerais 2014), novela, e ' Segredos de Bretaña ' (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas ' Kid salvaxe ' (Xerais 2014) e a obra de teatro ' A soidade do asasino ' (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, ' Fuxidos de sona ' (Xerais 1989), reportaxe; ' Doutor Livingstone, supoño ' (Xerais 1998), ensaio; ' O regreso dos maquis ' (Xerais 2004), reportaxe; ' Laxeiro por si mesmo ' (Xerais 2008), conversas; ' A agonía do león ' (Xerais 2011); ' A Galicia máxica de García Márquez ' (2009, Xerais 2013); ' Colmeiro por si mesmo ' , escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e ' A morte de Valle-Inclán ' , en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).

La Flor Del Ciruelo

La Flor Del Ciruelo

Autor : Li Qingzhao,pilar González España
Género : Libros, Literatura y ficción, Poesía,
Leer : 1482
Descargar : 1235
Tamaño de archivo : 8.21 MB
La Ley De Murphy (Diversos. Humor)

La Ley De Murphy (Diversos. Humor)

Autor : Arthur Bloch,ana Mendoza
Género : Libros, Literatura y ficción, Historia, teoría literaria y crítica,
Leer : 2652
Descargar : 2210
Tamaño de archivo : 14.69 MB
Iso/iec 20000: Guâa De Bolsillo: Guia De Bolsillo

Iso/iec 20000: Guâa De Bolsillo: Guia De Bolsillo

Autor : Itsmf - The It Service Management Forum,jan Van Bon,marianne Nugteren,selma Polter
Género : Libros, Informática, internet y medios digitales, Certificación,
Leer : 3822
Descargar : 3185
Tamaño de archivo : 21.17 MB
La Brújula De Noé (Best Seller)

La Brújula De Noé (Best Seller)

Autor : Anne Tyler
Género : Libros, Literatura y ficción, Ficción por género,
Leer : 2418
Descargar : 2015
Tamaño de archivo : 13.39 MB